Alexandre Rico, bolseiro pola Fundación en 2022 para a realización dun Master de medicina veterinaria preventiva na Universidade de Davis California, VISITOU A Fundación para transmitir o seu agradecemento, tanto pola achega económica, como pola confianza depositada nel. Informou da súa estancia en Estados Unidos, ademais da súa intención de retornar a este país para doutorarse.
A súa visita coincidiu coa entrega da bolsa de 2023, polo que, ademais de recibir os eloxios e a satisfacción da Fundación por contribuír á súa traxectoria ,e aproveitou para darlle algún consello á nova bolseira, recomendándolle ir coa mente moi aberta para enriquecerse dunha experiencia de gran valor, tanto pola formación como polo contacto con persoas doutros países e culturas.