A estudante lucense Ana Seijas, graduada en química e bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela obtivo unha bolsa da Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas para ampliar a súa formación cun Master sobre nanobiología e fotónica que realizará na Universidade Saclay de París.
A seleccionada destacou entre os solicitantes tanto polo seu currículo previo como as materias obxecto da formación a realizar, así como polo feito de que se levará a cabo nunha das universidades máis prestixiosas do mundo.
Os representantes da Fundación, ademais de destacar as aptitudes da bolseira, manifestaron o orgullo que supón poder axudar a persoas como Ana a conseguir os seus propósitos, y que ademais sirvan para acadar un grao de excelencia que resulte útil para a comunidade en xeral e para Galicia e Lugo en particular. Adicionalmente, transmitiron o seu desexo de que a súa actividade profesional e investigadora futura poida desenvolverse en Galicia.