As nosas convocatorias
Convocatorias
Obxecto
Concesión de bolsas para a realización de estudos presenciais dirixidos á obtención dun título oficial de máster en calquera disciplina que poida reverter na mellora das actividades produtivas e, en xeral, ao progreso económico, social e cultural de Galicia, con atención especial a aquelas relacionadas co sector agroalimentario e forestal, durante o curso académico 2024-2025, en centros estranxeiros ou nacionais de recoñecido prestixio.
Prazos
Convocatoria pechada
Documentación
Bases convocatoria: Castellano / Galego
Solicitude bolsa: Castellano / Galego
Resolución
Obxecto
A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas e a Universidade de Santiago de Compostela renovaron un convenio de colaboración mediante o cal a Fundación dotará economicamente a convocatoria dun contrato pre-doutoral con finalidade investigadora.
O obxectivo da colaboración de ambas institucións é o de contribuír á promoción e mellora da actividade investigadora, o desenvolvemento e a innovación universitaria, así como a calidade da educación superior, e en xeral do avance da sociedade a través da formación de novo talento científico e tecnolóxico.
O convenio e os contratos teñen unha duración de tres anos e a dotación económica será integramente sufragada pola Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas.
A USC realiza a convocatoria, así como as contratacións e dá soporte á actividade investigadora.
Poderán concorrer á obtención destes contratos aqueles estudantes que estean en posesión dun título universitario de grado ou equivalente e de Máster universitario ou equivalente, que vaian realizar un plan de investigación en algún dos catro eixos establecidos na convocatoria que son:
- Produción vexetal e agricultura sostible
- Produción e saúde animal sostible
- Alimentación segura e saudable
- Xestión forestal sostible
Prazos
- A convocatoria publicarase na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela e o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais desde a súa publicación.
Documentación
A documentación está dispoñible na sede electrónica da USC
Obxecto
Colaborar coa realización de eventos que contribúan á divulgación e fomento de disciplinas que considere de interese xeral, con especial atención ao sector agroalimentario e forestal e sempre co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento socioeconómico de Galicia.
Prazos
- Poderanse presentar solicitudes durante o ano.
Documentación
O promotor ou entidade promotora aportará a documentación que considere suficiente para presentar o seu proxecto investigador e que permita á Fundación a súa valoración.
Obxecto
Colaborar coa edición de publicacións relacionadas cos obxectivos fundacionais, como a promoción da formación e a investigación, sempre co obxecto de perseguir a excelencia no desempeño profesional e con iso contribuír ao desenvolvemento social e económico de Galicia.
Prazos
- Poderanse presentar solicitudes durante o ano.
Documentación
O promotor ou entidade promotora aportará a documentación que considere suficiente para presentar o seu proxecto investigador e que permita á Fundación a súa valoración.
A Fundación poderá colaborar coa edición de publicacións relacionadas cos obxectivos fundacionais, así como o fomento da formación e investigación co propósito de perseguir a excelencia no desempeño profesional e con iso contribuír ao desenvolvemento social e económico de Galicia.
Para presentarte a calquera das nosas convocatorias debes cubrir o seguinte formulario:
Quen é o responsable do tratamento dos teus datos? Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas.
Con que finalidade tratamos os teus datos persoais? Para pornos en contacto contigo e atender as consultas e solicitudes de información que nos remitas a través de formularios habilitados na nosa páxina web.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos teus datos? A base legal para o tratamento dos datos facilitados é o teu consentimento, prestado mediante o envío do formulario de solicitudes habilitados na nosa páxina web. Así mesmo, o consentimento expreso para ceder os teus datos a Caixa Rural Galega para que poida remitirche comunicacións comerciais dos seus produtos e servizos.
A que destinatarios se comunicarán os teus datos? Non se cederán datos a terceiros salvo obriga legal.
Cales son os teus dereitos? Como titular dos datos, tes dereito a acceder, actualizar, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, dirixíndote á Fundación na dirección de correo electrónico fundacioncruralnotario@fundacioncruralnotario.gal
Información Adicional: Podes consultar información adicional e detallada sobre protección de datos na nosa Web, apartado “Protección de Datos”.