Obxeto da fundación
A Fundación constitúese sen ánimo de lucro, con interese esencialmente galego e froito da confluencia de intereses dos seus promotores Caixa Rural Galega e D. Tomás Notario Vacas. Ambos promotores pretenden con iso achegar valor e coñecemento para fomentar o progreso e a mellora de procesos produtivos que en definitiva revertan nunha mellora da actividade económica local.
A Fundación nace coa finalidade de promover a investigación e a educación en todos os ámbitos científico, cultural e educativo, con especial dedicación ao sector agroalimentario e forestal, en aras de perseguir a excelencia e especialización en ámbitos que poidan contribuir á mellora de actividades produtivas nos sectores citados e en xeito co progreso económico e social de Galicia.
Outro dos obxectivos da Fundación é a loita contra o despoboamento do medio rural, en tanto que se priorizan os sectores agroalimentario e forestal, con gran potencial en Galicia e con capacidade para fixar poboación no medio rural.
Na medida en que os obxectivos da Fundación se persiguen mediante o fomento da investigación e a educación, a convocatoria de becas para estudos superiores e proxectos de investigación será o mecanismo principal e prioritario da súa actividade.
A aspiración por unha Galicia próspera, desenvolvida, con oportunidades para todos e que sexa capaz de preserva o seu medio rural, así como o asentamento de poboación no mesmo, é a que da vida á Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas.