V EDICIÓN Bolsas de Posgrao
Bolsas de estudos de Posgrao - Convocatoria 2026-2027
Obxecto
Concesión de bolsas para a realización de estudos presenciais dirixidos á obtención dun título oficial de máster ou á elaboración dunha tese de doutoramento, tanto a nivel nacional como no estranxeiro, en calquera disciplina que poida reverter na mellora das actividades produtivas e, en xeral, no progreso económico, social e cultural de Galicia, con especial atención a aquelas relacionadas co sector agroalimentario e forestal, durante o curso académico 2026-2027.
Prazos
Convocatoria aberta ata o 31 de maio de 2026
Documentación
Bases convocatoria: Castelán / Galego
Envía a túa solicitude a través do seguinte formulario
Quen é o responsable do tratamento dos teus datos? Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas.
Con que finalidade tratamos os teus datos persoais? Para poñernos en contacto contigo e atender as consultas e solicitudes de información que nos remitas a través dos formularios habilitados na nosa páxina web.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos teus datos? A base legal para o tratamento dos datos facilitados é o teu consentimento, prestado mediante o envío do formulario de solicitudes habilitado na nosa páxina web. Así mesmo, o consentimento expreso para ceder os teus datos a Caixa Rural Galega para que poida remitirche comunicacións comerciais dos seus produtos e servizos.
A que destinatarios se comunicarán os teus datos? Non se cederán datos a terceiros salvo obriga legal.
Cales son os teus dereitos? Como titular dos datos, tes dereito a acceder, actualizar, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, dirixíndote a Caixa Rural no enderezo de correo electrónico fundacioncruralnotario@fundacioncruralnotario.gal
Información adicional: Podes consultar información adicional e detallada sobre protección de datos na nosa web, apartado “Protección de Datos”.
