Convenio coa USC - Contratos Predoutorais

Convenio coa USC - Contratos Predoutorais

Obxecto

A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas e a Universidade de Santiago de Compostela renovaron un convenio de colaboración mediante o cal a Fundación dotará economicamente a convocatoria dun contrato predoutoral con finalidade investigadora.

O obxectivo da colaboración de ambas as dúas institucións é o de contribuír á promoción e mellora da actividade investigadora, o desenvolvemento e a innovación universitaria, así como a calidade da educación superior, e en xeral do avance da sociedade a través da formación de novo talento científico e tecnolóxico.

O convenio e os contratos teñen unha duración de tres anos e a dotación económica será integramente sufragada pola Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas.

A USC realiza a convocatoria, así como as contratacións e dá soporte á actividade investigadora.

Poderán concorrer á obtención destes contratos aqueles estudantes que estean en posesión dun título universitario de grao ou equivalente e de Máster universitario ou equivalente, que vaian realizar un plano de investigación nunha das catro eixes establecidos na convocatoria que son:

  • Produción vexetal e agricultura sostible

  • Produción e saúde animal sostible

  • Alimentación segura e saudable

  • Xestión forestal sostible

Prazos

Documentación

A Documentación está dispoñible na sede electrónica da USC 

Quen é o responsable do tratamento dos teus datos? Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas.

Con que finalidade tratamos os teus datos persoais? Para poñernos en contacto contigo e atender as consultas e solicitudes de información que nos remitas a través dos formularios habilitados na nosa páxina web.

Cal é a lexitimación para o tratamento dos teus datos? A base legal para o tratamento dos datos facilitados é o teu consentimento, prestado mediante o envío do formulario de solicitudes habilitado na nosa páxina web. Así mesmo, o consentimento expreso para ceder os teus datos a Caixa Rural Galega para que poida remitirche comunicacións comerciais dos seus produtos e servizos.

A que destinatarios se comunicarán os teus datos? Non se cederán datos a terceiros salvo obriga legal.

Cales son os teus dereitos? Como titular dos datos, tes dereito a acceder, actualizar, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, dirixíndote a Caixa Rural no enderezo de correo electrónico fundacioncruralnotario@fundacioncruralnotario.gal

Información adicional: Podes consultar información adicional e detallada sobre protección de datos na nosa web, apartado “Protección de Datos”.