POLÍTICA DE PRIVACIDADE WEB
FUNDACIÓN CAIXA RURAL TOMÁS NOTARIO VACAS
Responsable do tratamento. Quen tratará os seus datos?
Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas, co CIF G67668798 e domicilio na rúa Montero Ríos, 24-26, 27002 Lugo. Contactar por correo electrónico no enderezo info@fundacioncruralnotario.gal ou no teléfono 982 280 220.
O delegado de protección de datos é a persoa encargada de salvagardar a súa privacidade na nosa entidade. Se precisa poñerse en contacto con el, pode facelo no enderezo info@fundacioncruralnotario.gal ou mediante carta remitida ao enderezo postal indicado no apartado anterior, coa referencia “Delegado de protección de datos”.
Alcance
Esta política de privacidade aplícase exclusivamente aos tratamentos de datos persoais que se realizan dos datos solicitados a través do documento de solicitude da bolsa, habilitado para a inscrición das persoas solicitantes das bolsas promovidas pola Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas na páxina web: www.caixaruralgalega.gal/es.
Esta política de privacidade aplícaselles exclusivamente ás persoas interesadas que desexen solicitar as bolsas de posgrao promovidas pola Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas, xa que os datos persoais de clientes solicitados a través do resto de formularios habilitados por Caixa Rural Galega, SCCLG rexeranse pola política de protección de datos de clientes dispoñible no apartado de Protección de datos da páxina www.caixaruralgalega.gal/es.
Procedencia e categoría dos datos
Os datos persoais que se xestionan a través desta páxina web serán exclusivamente os que vostede nos facilite a través do documento de solicitude da bolsa habilitado para a xestión da convocatoria de bolsas de 2022, cuberto ben a través da plataforma electrónica habilitada para iso ou ben a través de correspondencia postal dirixida ao enderezo Caixa Rural Galega na rúa Montero Ríos, 24-26, 27002 de Lugo. Non se obteñen datos persoais procedentes doutras fontes.
As categorías de datos tratados nos tratamentos de datos que se expoñen no apartado 4 desta política de privacidade son datos identificativos e de contacto, a saber: nome e apelidos, DNI/NIE, data de nacemento, código postal, xénero e correo electrónico, así como datos académicos e profesionais
Finalidade. Para que vai usar o responsable os seus datos?
Os datos identificativos e de contacto, así como os datos académicos e profesionais, serán utilizados para a xestión da convocatoria de bolsas de 2022 promovidas pola Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas e, no caso de que resulte beneficiario, para poñernos en contacto con vostede e xestionar a concesión da bolsa.
Os datos identificativos (nome e apelidos) e, sempre que vostede o consinta previamente, a súa imaxe poderán ser utilizados en calquera actividade publicitaria promocional relacionada co responsable do tratamento (incluídas as efectuadas na páxina web e nas redes sociais da Fundación), sen que esta autorización lle confira ningún dereito de remuneración ou beneficio, coa excepción da concesión da bolsa.
Non se prevé a realización de transferencias internacionais de datos nin a elaboración de perfís ou decisións automatizadas para os tratamentos identificados.
Lexitimación. Por que tratamos os seus datos?
A base de lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais coa finalidade enumerada no apartado 4.1 é a execución da súa solicitude, contrato ou precontrato, mediante a inscrición na convocatoria da solicitude de bolsas promovidas pola Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas.
A base de lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais coa finalidade enumerada no apartado 4.2 é o seu consentimento prestado libremente, se é o caso, para o uso da súa imaxe e do seu nome e apelidos, no caso de que marque a casa específica para o consentimento no documento de solicitude da bolsa.
Canto tempo se van conservar os seus datos?
O prazo de conservación dos seus datos relativos á participación na bolsa será mentres esta dure e, unha vez finalizada, mentres exista responsabilidade legal para o responsable. Así mesmo, os datos solicitados a través dos documentos habilitados na nosa páxina web conservaranse durante o prazo dun ano. Logo de que transcorra ese prazo, os datos eliminaranse.
Os datos tratados en base ao seu consentimento, como os datos relativos á súa imaxe, serán tratados mentres vostede non retire o seu consentimento.
Persoas destinatarias. Quen poderá ver os seus datos?
Os datos trataraos o responsable (Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas), así como os axentes e provedores cos que a entidade contrate a prestación dalgún servizo. Iso farase sempre con contratos e garantías suxeitos aos modelos aprobados polas autoridades en materia de protección de datos.
Para a prestación dos servizos de aloxamento o principal provedor é Rural Servizos Informáticos.
Dereitos. Cales son os seus dereitos respecto dos seus datos?
Dereito de acceso: Dereito a coñecer que tipo de datos estamos a tratar e as características dos tratamentos que estamos realizando, de acordo co establecido no artigo 15 do Regulamento xeral de protección de datos (en diante, RXPD).
Dereito de rectificación: Dereito a solicitar a modificación dos seus datos persoais por ser estes inexactos, non veraces ou desactualizados.
Dereito de oposición: Dereito a solicitar que non se traten os seus datos persoais para determinadas finalidades. Así, cando o tratamento estea baseado no seu consentimento, ten vostede dereito a retirar tal consentimento en calquera momento. Igualmente, vostede poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos. Todo iso de acordo co artigo 21 do RXPD.
Dereito de cancelación ou supresión: Dereito a solicitar a supresión dos seus datos persoais cando o tratamento xa non resulte necesario.
Dereito á limitación do tratamento: Dereito a solicitar a limitación do tratamento dos seus datos; nese caso, unicamente se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións, atención a requirimentos xudiciais ou por esixencia legal.
Portabilidade: Dereito a solicitar a portabilidade dos datos que nos facilitase; a recibilos nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica e a que se transmitan a outro responsable, de acordo co establecido no artigo 20 do RXPD.
Revogación do consentimento: Dereito a revogar en calquera momento o consentimento que prestase, sen ningún tipo de detrimento ou prexuízo.
Dereito a opoñerse á toma de decisións automatizadas: Dereito a opoñerse á toma de decisións automatizadas por parte da Fundación.
Presentación dunha reclamación: Dereito a presentar calquera reclamación ante a autoridade de control competente (en España, é a Axencia Española de Protección de Datos), sen prexuízo das competencias que teñan outras entidades autonómicas ou supranacionais, de acordo co RXPD e coa normativa nacional.
Tamén pode dirixirse ao noso delegado de protección de datos a través do correo electrónico info@fundacioncruralnotario.gal.
Para exercer calquera dos dereitos enunciados pode enviar a súa solicitude mediante un escrito dirixido a Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas, no enderezo rúa Montero Ríos, 24-26, 27002 Lugo ou no enderezo de correo electrónico info@fundacioncruralnotario.gal, e ha de achegar unha copia do seu DNI ou outro documento oficial identificativo.