O presidente

Tomás Notario Vacas

tomas-notario
Fotografía: El Progreso

A fortuna quixo ligar a miña existencia a Galicia e a Lugo cando en 1960 chego a esta cidade co mandato de mellorar a rede viaria da provincia e os accesos a Galicia.

Desde entón tiven o privilexio de ostentar a alcaldía da cidade en dúas ocasións, e puiden comprobar como o desenvolvemento chegaba e transformada esta afortunada terra.

Desde a miña traxectoria profesional, sempre ligada á administración pública, puiden colaborar cunha infinidade de proxectos na cidade e a provincia, case sempre ligados a infraestruturas, aínda que tamén noutros ámbitos como o municipalismo ou a Universidade.

Só podo estar agradecido á vida e a esta terra que acolleu a un arxentino de nacemento, de sangue salmantino e galego de adopción.

A ambición por ver progresar a esta terra móveme a unirme a Caixa Rural Galega neste proxecto que recolle a fusión de inquietudes similares e a aspiración de contemplar un Lugo e unha Galicia prósperos, acordes cos tempos que vivimos pero sen perder a súa esencia.

Estou convencido de que Galicia ten un futuro esperanzador, en especial no ámbito agroalimentario, se aposta polo desenvolvemento, a excelencia e a innovación.

É por iso que promovemos a creación da Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas cuxa finalidade será promover a investigación e a educación, prestando atención especial ao sector agroalimentario e forestal, e tratando de que quen impulse este coñecemento poidan apoiarse nunha institución que lles poida facilitar medios necesarios para conseguilo.

En definitiva, a Fundación nace co firme propósito de contribuír a que a nosa terra sexa cada día un lugar mellor.