As nosas convocatorias

Convocatorias

Obxecto

Concesión de dúas bolsas para a realización de estudos presenciais dirixidos á obtención dun título oficial de máster en calquera disciplina que poida reverter na mellora das actividades produtivas e, en xeral, ao progreso económico, social e cultural de Galicia, con atención especial a aquelas relacionadas co sector agroalimentario e forestal, durante o curso académico 2024-2025, en centros estranxeiros ou nacionais de recoñecido prestixio.

Prazos

  • Fecha límite de presentación de solicitudes: 31 de maio de 2024
  • Fecha límite de resolución de solicitudes: 28 de xuño de 2024

Documentación

Bases convocatoria:   Castellano / Galego

Solicitude bolsa:  Castellano / Galego

Folleto informativo

Obxecto

A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas e a Universidade de Santiago de Compostela asinaron un convenio de colaboración mediante o cal a Fundación dotará economicamente a convocatoria de dous contratos pre-doutorais con finalidade investigadora.

O obxectivo da colaboración de ambas institucións é o de contribuír á promoción e mellora da actividade investigadora, o desenvolvemento e a innovación universitaria, así como a calidade da educación superior, e en xeral do avance da sociedade a través da formación de novo talento científico e tecnolóxico.

O convenio e os contratos teñen unha duración de tres anos e a dotación económica será integramente sufragada pola Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas.

A USC realiza a convocatoria, así como as contratacións e dá soporte á actividade investigadora.

Poderán concorrer á obtención destes contratos aqueles estudantes que estean en posesión dun título universitario de grado ou equivalente e de Máster universitario ou equivalente, que vaian realizar un plan de investigación en algún dos catro eixos establecidos na convocatoria que son:

  • Produción vexetal e agricultura sostible
  • Produción e saúde animal sostible
  • Alimentación segura e saudable
  • Xestión forestal sostible

Prazos

  • A convocatoria publicarase na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela e o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais desde a súa publicación.

Documentación

A documentación está dispoñible na  sede electrónica da USC 

Resolución: convocatoria pública USC

Obxecto

Colaborar coa realización de eventos que contribúan á divulgación e fomento de disciplinas que considere de interese xeral, con especial atención ao sector agroalimentario e forestal e sempre co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Prazos

  • Poderanse presentar solicitudes durante o ano.

Documentación

O promotor ou entidade promotora aportará a documentación que considere suficiente para presentar o seu proxecto investigador e que permita á Fundación a súa valoración.

Obxecto

Colaborar coa edición de publicacións relacionadas cos obxectivos fundacionais, como a promoción da formación e a investigación, sempre co obxecto de perseguir a excelencia no desempeño profesional e con iso contribuír ao desenvolvemento social e económico de Galicia.

Prazos

  • Poderanse presentar solicitudes durante o ano.

Documentación

O promotor ou entidade promotora aportará a documentación que considere suficiente para presentar o seu proxecto investigador e que permita á Fundación a súa valoración.

A Fundación poderá colaborar coa edición de publicacións relacionadas cos obxectivos fundacionais, así como o fomento da formación e investigación co propósito de perseguir a excelencia no desempeño profesional e con iso contribuír ao desenvolvemento social e económico de Galicia.

Para presentarte a calquera das nosas convocatorias debes cubrir o seguinte formulario:











    Quen é o responsable do tratamento dos teus datos? Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas.

    Con que finalidade tratamos os teus datos persoais? Para pornos en contacto contigo e atender as consultas e solicitudes de información que nos remitas a través de formularios habilitados na nosa páxina web.

    Cal é a lexitimación para o tratamento dos teus datos? A base legal para o tratamento dos datos facilitados é o teu consentimento, prestado mediante o envío do formulario de solicitudes habilitados na nosa páxina web. Así mesmo, o consentimento expreso para ceder os teus datos a Caixa Rural Galega para que poida remitirche comunicacións comerciais dos seus produtos e servizos.

    A que destinatarios se comunicarán os teus datos? Non se cederán datos a terceiros salvo obriga legal.

    Cales son os teus dereitos? Como titular dos datos, tes dereito a acceder, actualizar, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, dirixíndote á Fundación na dirección de correo electrónico fundacioncruralnotario@fundacioncruralnotario.gal

    Información Adicional: Podes consultar información adicional e detallada sobre protección de datos na nosa Web, apartado “Protección de Datos”.