Aviso legal

Neste proxecto web participa Fundación  Caixa Rural  Galega Tomás Notario Vacas, con CIF  G-67668798 e domicilio en Rúa Montero Ríos 24-26, 27002 Lugo.

A información contida nestas páxinas web é a vixente na data da súa última actualización e ten que ser considerada como unha información introdutoria para o usuario, relativa aos produtos e servizos e a outras informacións incluídas.

A Fundación  Caixa Rural  Galega Tomás Notario Vacas rexeita a responsabilidade que se derive da mala utilización dos contidos e resérvase o dereito para actualizalos cando queira, a eliminalos, limitalos ou impedir o acceso a eles, de maneira temporal ou definitiva.

A Fundación  Caixa Rural  Galega Tomás Notario Vacas rexeita a responsabilidade sobre calquera información non contida nestas páxinas web e, por tanto, non elaborada por Fundación  Caixa Rural  Galega Tomás Notario Vacas ou non publicada co seu nome. De maneira especial, rexeita a responsabilidade sobre a información contida en páxinas web de terceiras persoas conectadas por ligazóns ( links) coas páxinas web de  Caixa Rural  Galega Tomás Notario Vacas.

A Fundación  Caixa Rural  Galega Tomás Notario Vacas non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se puidesen producir polo feito de utilizar computadores infectados con virus informáticos. Tampouco se fai responsable das consecuencias que se puidesen derivar do mal funcionamento do navegador ou polo uso de versións non actualizadas deste.

A reprodución, copia, uso, distribución, comercialización, comunicación pública ou calquera outra actividade que se poida facer coa información contida nestas páxinas web e que se realice sen autorización da Fundación  Caixa Rural  Galega Tomás Notario Vacas é unha infracción que castiga a lexislación vixente.

A Fundación  Caixa Rural  Galega Tomás Notario Vacas levará a cabo, sempre que non concorran causas que o fagan imposible ou de difícil execución e tan pronto teña noticia dos erros, desconexións ou falta de actualización nos contidos, todas a aqueles labores tendentes a emendar os erros, restablecer a comunicación e actualizar os contidos.

A Fundación  Caixa Rural  Galega Tomás Notario Vacas non se fai responsable da falta de utilidade ou adecuación para un uso específico da presente Web. Tampouco se responsabiliza dos prexuízos que poida sufrir o Usuario polos erros ou omisións dos que puidesen adoecer os contidos deste Sitio web, aínda que se compromete a verificar e vixiar periodicamente os seus contidos e informacións.

A Fundación  Caixa Rural  Galega Tomás Notario Vacas é unha entidade comprometida en manter un alto nivel de seguridade dos nosos sistemas garantindo máxima confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos usuarios.

XURISDICIÓN E LEGISLACIÓN APLICABLE

Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais que correspondan de conformidade coa lexislación aplicable.